Galicia, inverno 2011/2012

Desconectado betula

  • Cb Calvus
  • ****
  • 1159
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #36 en: Viernes 06 Enero 2012 12:11:06 pm »
Un día máis e van...néboas altas polo centro do Bierzo, quedando os vales periféricos con sol radiante.
Onte fun ata a Ribeira Sacra, e a situación era parecida. A néboa desaparecéu á altura do Barco de Valdeorras, e sol radiante nas zonas altas de Trives e Castro Caldelas, con temperaturas primaverais. Á tarde chegou nubosidade do oeste ata a zona de MOnforte, e ceo limpo ó regreso por todo o val do Sil.No centro do Bierzo a néboa desapareceú as 3 da tarde, polo que me comentan.
E parece que esto sigue, é unha pesadez total...
Valle del Valcarce, (El Bierzo),600 msnm, NW Península Ibérica
Fb.: arboretum V.

Desconectado Arteixán 981

  • Cb Calvus
  • ****
  • 2151
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #37 en: Viernes 06 Enero 2012 12:20:43 pm »
Boas tardes,por Arteixo tivemos orballos pola noite e aínda continuan nestes intres.Temperatura actual de 12,7ºC (MeteoGalicia) e vento frouxo do Nordés.Para os próximos días animarase algo a cousa coa chegada das xeadas,estamos todos os días co mesmo discurso e... XA CANSA  :dejame:


Saúdos   ;)

Desconectado Ferreiro

  • Cumulus Húmilis
  • **
  • 488
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #38 en: Viernes 06 Enero 2012 16:59:46 pm »
Orballando tamén na Coruña, e por suposto ceo cuberto.
Saúdos.
..A Coruña..

Desconectado AURIA

  • Cb Incus
  • *****
  • 4384
  • Sexo: Masculino
  • República climática independiente
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #39 en: Viernes 06 Enero 2012 20:32:29 pm »
Boas noites,

Mínima 5ºC e a máxima 17ºC, apareceron as néboas hacia as 03:00 am, para desfacerse a media mañá e deixar os ceos despexados, cunha tarde máis primaveral que de xaneiro....

Agora temos, 10,1ºC, 86%HR, ceos despexados e vento calmo

Saúdos

Desconectado Arteixán 981

  • Cb Calvus
  • ****
  • 2151
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #40 en: Domingo 08 Enero 2012 10:54:43 am »
Bos días,por Arteixo o ceo foise abrindo pola noite ata quedar totalmente despexado nestes intres.A mínima polo tanto baixou algo,pero sin chegar a ser fría.Temperatura actual de 7,5ºC (MeteoGalicia) e vento frouxo do Sueste.A próxima noite si que debería ser bastante fría  :cold:


Saúdos   ;)

Desconectado Ferreiro

  • Cumulus Húmilis
  • **
  • 488
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #41 en: Lunes 09 Enero 2012 09:42:42 am »
Amencer frío na Coruña, con casi xeada na estación de AEMET no aeroporto, 0.6ºC.
..A Coruña..

Desconectado Arteixán 981

  • Cb Calvus
  • ****
  • 2151
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #42 en: Lunes 09 Enero 2012 15:35:15 pm »
Por Arteixo tamén tivemos unha mañá fría,a néboa o final non apareceu.Temos unha tarde de ceo despexado e temperatura bastante agradable.Temperatura actual de 15,1ºC e vento frouxo do Este.


Saúdos   ;)

Desconectado Toxo

  • Cb Calvus
  • ****
  • 1677
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #43 en: Lunes 09 Enero 2012 20:47:17 pm »
O nibueiro non se nos vai de enriba, dous días nos que na zona baixa da cidade non vimos máis que unhas raiolas esta tarde, máximas moi baixas e humidade disparada, non me afago a estes días lugueses, moito mellor os días de xeadas bravas. ;D
Lugo 450m ou nunha viliña vendo o mar

Desconectado betula

  • Cb Calvus
  • ****
  • 1159
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #44 en: Martes 10 Enero 2012 14:28:20 pm »
O nibueiro non se nos vai de enriba, dous días nos que na zona baixa da cidade non vimos máis que unhas raiolas esta tarde, máximas moi baixas e humidade disparada, non me afago a estes días lugueses, moito mellor os días de xeadas bravas. ;D

Por aiquí, no centro do Bierzo, non no val do Valcarce, onde a néboa é rara, tres cuartos do mesmo. Agora mesmo en Cacabelos entran os primeiros raios velados, pero a temperatura marca 0ºC. E o peor é que queda unha semana máis polo menos...
Valle del Valcarce, (El Bierzo),600 msnm, NW Península Ibérica
Fb.: arboretum V.

Desconectado Arteixán 981

  • Cb Calvus
  • ****
  • 2151
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #45 en: Martes 10 Enero 2012 20:01:20 pm »
Boas noites dende Loureda (Arteixo),a xornada de hoxe estivo caracterizada polos ceos despexados e temperaturas frescas.Máxima de 10,1°C e mínima de 2,7°C.

O ceo está despexado,con algún banco de néboa no val.

Temperatura actual de 6,5°C, HR do 98% e vento en calma.

Saúdos  ;)

Desconectado tonescu

  • Cb Incus
  • *****
  • 3217
  • Sexo: Masculino
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #46 en: Miércoles 11 Enero 2012 12:52:37 pm »
boas compañeiros...ainda que me atopo en euskadi vexo que me estou perdendo uns dias fresquiños en vigo, polo menos aprimeiras horas e na cidade xa que na uni esta mais morno.achego esta breve nova da voz de galiza que ainda que xa coñecida non deixa de ser ''relevante'' que os emdiso a teñan en conta..saudos e deica o venres..abur.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/11/frio-vigo-os-ancares/0003_201201G11P9991.htm
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

Desconectado AURIA

  • Cb Incus
  • *****
  • 4384
  • Sexo: Masculino
  • República climática independiente
Re:Galicia, inverno 2011/2012
« Respuesta #47 en: Miércoles 11 Enero 2012 15:44:31 pm »
Boas tardes,

Mínima -2ºC.....mañá baixo cero por Ourense, con néboas mestas  que se formaron entre as 02/03 da mañá e frío moi intenso, que se empezaron a desfacer entre ás 13/13:30 horas, dando paso a céos despexados que continúan a esta hora....
Actualmente, 8,7ºC (Tm 0,2ºC/ 15:40 pm), 60%HR e ceos despexados.

Saúdos