bo dia no cuvi, como era de agardar ainda que eu sempre manteño a esperanza, estas situacions non son nada propicias para nos, mais ben diria que desesperantes pois como sempre a inversion termica fai estragos e deixanos temperaturas ''calidas'' se as comparamos con outras a pouca distancia... de feito mentres que na cidade, por exemplo no meu barrio navia (meteoclimatic) rexistrouse unha minima un grao inferior a onte, aqui arriba a minima foi de case catro graos mais...agas que soprara moito vento e a sensacion fose moito mais baixas estas situacions so compensan pola beleza da cor do ceo e a nitidez do horizonte que fai que a vision dos arrredores sexa magnifica...
arestora (14:00 h) loce un esplendido sol, temos uns mais que agradables 12.5º de temperatura, a humidade recuperouse algo logo de estar polo chan literalmente (coido que nunca a mirei tan baixa, a ver se non se escarallou o ''chirimbolo''
) e do 18.5%, o vento e calmo de direccion variable (3.24 km/h e 284º) e a presion e de 1035.5 hpa... como dicia a minima quedou en 6.2º...saudos e deica maña, aburiño