Boa tarde,
O xoves despois de ver as previsións e que a AEMET puña alerta por neve só no sur de Ourense decidín ir a Cexo a ver que pasaba. As 21.30h xa empezaban as primeira folerpas e sobre as 22h intensificábase, pero foi un instante, e houbo un parón grande. As 6h do venres despertei e ao mirar xa habia unha lixeira capa en todas as superficies, non moito, pero a neve vai cara este ano...
A media mañá saín por ahí a catar a neve un pouco, déixovos unhas imaxes.
Parte alta de Cexo (858)
Bangueses de Arriba, máis cedo a mañá tería algo de neve continua e Penagache
Porto de Outeiro de Augas (1040)
A continuación pasei por Calvos de Arriba (que non Calvos de Randín) e había algo máis de neve que en Cexo e bastante máis que no Alto do Vieiro (840).
Por último comentar que marchei para Vigo a iso das 18.30h e fun pola estrada de Filgueira, Frieira, Arbo, Salvaterra... Viase aínda moita neve na Serra da Peneda.
Saúdos!