Galicia 2017

Iniciado por Arena, Sábado 31 Diciembre 2016 19:46:53 PM

Tema anterior - Siguiente tema

Arena

Moderador/a
*****
Supercélula Tornádica
Mensajes: 19,040
Ubicación: Madrid.
En línea

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
Onde andas Tonescu?...

Bos días.

Mínima -5,5/-5ºC.

Estratada parcial  a primeiras horas, que non lle deu tempo a compactar ( algo de néboa de retención en zonas elevadas), con bastante resol e ambiente ténue....

Arestora, 2,2ºC, 72%HR, vento en calma, despexado.

Reza...


A Raia Seca

*
Sol
Mensajes: 42
Cexo (Ourense) 817 a 857m
En línea
Boas tardes!

Despois dun fin de semana pasado por auga e vento, agora situación máis tranquila á espera da nova fronte da noitiña. En Cexo estivemos sen luz a madrugada do sábado e destacar tamén as repetidas saraibadas do venres á mañá, sábado a noite e domingo á mañá, esta última con auganeve incluida. Por desgraza un problema técnico menor, fixo que non teña datos de onte  :-\.

Tamén vos porei agora alguns datos de Xaneiro, non a media porque o Weather Display non me colleu os datos da última quincena   [emojifacepal02].

Xaneiro:

Máxima: 15ºC a principios de mes
Mínima: -4.9º o dia 19
Precipitación: 65mm

Febreiro:

Refacho máximo o venres á mañá:  114km/h   [emoji87]
Precipitación ata o dia 4: 228.9mm, o máximo o venres con 94mm

Unha foto de onte dende a zona alta de Cexo:


AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
O IPMA portugués estaba a amosar datos de precipitación semellantes, tanto en Cabril como en Lamas de Mouro ( Laboreiro). E en Entrimo (MeteoGalicia-Monte Quinxo), tamén case 300 litros en 3 días...

A auténtica Raia Seca  :rcain: :rcain: :rcain:.

Un saúdo.

A Raia Seca

*
Sol
Mensajes: 42
Cexo (Ourense) 817 a 857m
En línea
Cita de: AURIA en Lunes 06 Febrero 2017 23:49:15 PM
O IPMA portugués estaba a amosar datos de precipitación semellantes, tanto en Cabril como en Lamas de Mouro (Laboreiro). E en Entrimo (MeteoGalicia-Monte Quinxo), tamén case 300 litros en 3 días...

A auténtica Raia Seca  :rcain: :rcain: :rcain:.

Un saúdo.

Bos dias Auria,

Sempre miro os datos do IPMA e hai similaridades, tamén Montalegre apañou unha boa litrada e seguramente algo de neve o domingo. Onte Entrimo outros 27,9 mm  :yasiviene: colleu carrerilla e non hai quen a pare!

Saúdos.

P.D.: tamén hai esta estación moi preto de Castro Laboreiro https://app.weathercloud.net/d0199827833#profile

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
Cita de: A Raia Seca en Martes 07 Febrero 2017 13:04:12 PM
Cita de: AURIA en Lunes 06 Febrero 2017 23:49:15 PM
O IPMA portugués estaba a amosar datos de precipitación semellantes, tanto en Cabril como en Lamas de Mouro (Laboreiro). E en Entrimo (MeteoGalicia-Monte Quinxo), tamén case 300 litros en 3 días...

A auténtica Raia Seca  :rcain: :rcain: :rcain:.

Un saúdo.

Bos dias Auria,

Sempre miro os datos do IPMA e hai similaridades, tamén Montalegre apañou unha boa litrada e seguramente algo de neve o domingo. Onte Entrimo outros 27,9 mm  :yasiviene: colleu carrerilla e non hai quen a pare!

Saúdos.

P.D.: tamén hai esta estación moi preto de Castro Laboreiro https://app.weathercloud.net/d0199827833#profile

Está ben sabelo. Grazas 

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
#6
Bos días,

Mínima 2/3ºC.

1 l/m2

Cuberto con precipitacións febles, puntualmente moderadas durante a mañá.

5,2ºC, 91%HR, vento frouxo, cuberto.

Cota de neve 1.500 metros, nevaba na base da estación de Manzaneda fará una media hora.

A Raia Seca

*
Sol
Mensajes: 42
Cexo (Ourense) 817 a 857m
En línea
Boa tarde,

O xoves despois de ver as previsións e que a AEMET puña alerta por neve só no sur de Ourense decidín ir a Cexo a ver que pasaba. As 21.30h xa empezaban as primeira folerpas e sobre as 22h intensificábase, pero foi un instante, e houbo un parón grande. As 6h do venres despertei e ao mirar xa habia unha lixeira capa en todas as superficies, non moito, pero a neve vai cara este ano...

A media mañá saín por ahí a catar a neve un pouco, déixovos unhas imaxes.

Parte alta de Cexo (858)



Bangueses de Arriba, máis cedo a mañá tería algo de neve continua e Penagache



Porto de Outeiro de Augas (1040)









A continuación pasei por Calvos de Arriba (que non Calvos de Randín) e había algo máis de neve que en Cexo e bastante máis que no Alto do Vieiro (840).
Por último comentar que marchei para Vigo a iso das 18.30h e fun pola estrada de Filgueira, Frieira, Arbo, Salvaterra... Viase aínda moita neve na Serra da Peneda.

Saúdos!

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Boas,onte unha fronte desfeita deixou algúns orballos pola tarde,tan só 1,3 mm.Hoxe nubes e claros e 13,1º actuáis,con algo de  nordés.A mínima foi de 8,6º.

Bo día de Rosalía,e a disfrutar o entroido  [emoji1]

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Boas,temos algunhas nubes altas por aquí pero domina o sol.Máxima 22,6º e mínima 9º.

Actual 17,4º,nótase a brisa.

Saúdos  [emoji41]

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
#10
Bos días,

Mínima 1/2ºC.

Nuboso durante a mañá, abríndose cada vez máis claros...

Arestora, 14,7ºC, 55%HR, vento frouxo,sol con  nubes altas.


AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,722
República climática independiente
En línea
Boas tardes,

Calmuzo infumable pola  vella auria...o ceo entre nubes e claros. Catro gotas de madrugada.

Arestora, uns 25/ 26ºC, 45/50%HR, vento  moi frouxo, nubes e claros.

Mínima 17,5ºC.