Galicia, inverno 2011/2012

Iniciado por tonescu, Jueves 22 Diciembre 2011 13:05:30 PM

Tema anterior - Siguiente tema

Ferreiro

**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 488
En línea
Eu xa non me lembro cando foi a última vez que vivín una Noiteboa ou un día de Nadal chovendo. Sempre estes días veñen con sol. É curioso.
Hoxe na Coruña un día abraiante de ceos completamente azuis.
Saúdos.
..A Coruña..

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Bos días,por Arteixo tivemos unha noite fría,aínda así quedamos bastante lonxe da xeada.Ao nivel do chan supoño que si se alcanzarían valores de xeada  :P.Temperatura actual de 5,3ºC (MeteoGalicia) e vento frouxo do Sueste.O ceo por suposto segue despexado.

Saúdos   ;)

Luso-Galaico

***
Cumulus Congestus
Mensajes: 502
EuroCiudad Chaves-Verín
En línea
Moi boas!  :cold:

Noite moi fria xa com 0.8ºC  :cold:

HR: 62%
Pres: 1037hpa NE/E
Vento: 7.5 km/h
Wind chill: -1.8ºC


:cold: :cold: :cold:
Desde Portugal en Meteored
A 3 km´s da Galiza


Extremos 2012:
Temp. Mín: -7.4ºC (04/02 às 8:02)
Temp. Máx: 37.2ºC (26/06 18:29)

tonescu

*****
Cb Incus
Mensajes: 3,217
Ubicación: vigo
En línea
bo dia que sorte tendes os que tendes algo de fresquiño..a min estas situacion de inversion termica traenme polo camiño da amargura xa que en vigo non soen ser nada fortes e sempre na cidade temos temperaturas agradables e logo cando chego ao curro que e onde sempre ''collo'' algo de frio por mor desa inversion termica, nada de nada...para exemplo hoxe...navia ao nivel do mar 7.7º e aqui arriba no campus case a 500msm pois rozando os 13º en concreto 12.8º.... en fin... e o que ten vivir no suroeste de galiza... :rcain:
en fin ao gran... actualmente temos ceos despexados ainda que ao chegar a faculatde vianse unhas bonitas nubes tentado entrar polo oeste.... a temperatura actual e de 13º (agora si) a humidade polo chan 19% e o vento frouxo do noroeste e a presion e de 1032 mbar...saudos...abur.
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

Senthor

La meteorologia.
**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 196
Ubicación: As Pontes de Garcia Rodriguez (A Coruña) Galicia
En línea
Bos días a todos, noite fría , con 0,9ºC de mínima e escarcha en tellados e coches.

Actualmente 6,50ºC  a HR baixando ata o 77% e o barómetro alto 1035,3mb, o vento do ESE e con 0,3mm acumulados gracias ao xeo.

Un saúdo ;)
As Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña)

Twitter: @SsenthorP

http://meteoaspontes.blogspot.com.es/

15 años

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Boas tardes,por Arteixo a noite foi menos fría que as anteriores  :-\.A primeiras horas había algunhas nubes que foron desaparecendo co paso da maña ata quedar o ceo totalmente despexado.Temperatura actual de 14ºC (MeteoGalicia) e vento frouxo do Norte.

A ver se esta noite hai máis sorte  :confused:

Markh´OZ

*****
Cb Incus
Mensajes: 2,932
Ubicación: Ourense Cidade
En línea
Moi frío o día na cidade de Ourense.
Mínima de -0.3º cunha importante xeada.
Máxima de 10.2º.
Actual de 4.4º.
As brumas fixeron acto de presenza durante o día.
Boa noite Galiza.
Ourense - Vigo

tonescu

*****
Cb Incus
Mensajes: 3,217
Ubicación: vigo
En línea
#19
bo dia compañeiros ...aqui no campus de vigo repitese a situacion de onte...por mor da inversion termica ia mais frio na cidade e nas aforas nos vales que aqui arriba...de feito viase algo de xiada nas leiras que quedaban nos vales de camiño ao campus... pero aqui o dia esta ''morno'' a comparacion do que hai por ahi...
actualmente e agardando esa entradiña desa feble fronte, loce o sol temos 10.9º a humidade e do 40% e o vento frouxo do nororeste, a presion e de 1034 mbar...saudos e aburiño
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
#20
Boas tardes dende Loureda (Arteixo),a noite pasada prometía ser moi fría... pero levantouse algo de vento e cortou a inversión térmica,ademais entraron algunhas nubes :(.A mínima so baixou ata os 3,1°C e a Máxima foi máis elevada que a de onte,quedándose en 11,7°C.

O ceo xa se presenta con abundante nubosidade,así que a noite será morna.

Temperatura actual de 10,3°C, HR do 94% e vento calmo.

Saúdos  ;)

betula

****
Cb Calvus
Mensajes: 1,159
En línea
Despois de varios días sen ver o sol polo centro do Bierzo, levantouse o velo da néboa este mediodía. O malo é que as temperaturas baixan moito máis deprisa, e xa rondan os 0ºC. Espero que mañá estea o ceo limpo, aínda que as previsiois din que volverá a néboa... >:(
Valle del Valcarce, (El Bierzo),600 msnm, NW Península Ibérica
Fb.: arboretum V.

tonescu

*****
Cb Incus
Mensajes: 3,217
Ubicación: vigo
En línea
benvido betula se queres cambio o nome do titulo do fio..e incluio o bierzo e tamen norte de portugal para luso-galaico...jejejejeje
hoxe en vigo-campus temos un dia variado pero sen nada reseñable...amencimos co dia despexado pero cuns estratos entrando pola bocana da ria..que en nada cubriron o ceo pero tamen rapidamente marcharon... a media maña votaron a entrar algun estratos pero pouco compactos que agora mesmo manteñen unha pelexa co sol por ver quen se impon...actualmente temos 10.8º o vento sopra frouxo do este-sureste, a humidade e do 63% e a presion alta de cara.. 1037 mbar.... veña saudos e abur. :D
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,768
República climática independiente
En línea
Boas noites,

Empezan a quedar os ceos despexados, despois do paso das nubes....

Actualmente, 5,4ºC, 89%HR, vento en calma e ceos despexados.

Saúdos