Galicia, inverno 2011/2012

Iniciado por tonescu, Jueves 22 Diciembre 2011 13:05:30 PM

Tema anterior - Siguiente tema

tonescu

*****
Cb Incus
Mensajes: 3,217
Ubicación: vigo
En línea
bueno pois nada despois dun tempo pensando en abrir un fio en galego decidinme a facelo  aproveitando que neste suboforo permitese facelo, agrdezo de anteman as facilidades dadas polo foro,...ainda que non son unha persoa que teña o galego como a sua fala materna por contra si a teño na escritura..supoño que seran os habitos...asi pois todos aqueels que vos animedes tamen podedes comentalo seguimento aqui e na lingua propia do pais...

ao gran... hoxe temos un bonito dia de inverno.. actualmente no campus de vigo temos uns agradables 11.6º...a humidade e do 70% o vento sopra frouxo do sureste e a presion e de 1032 mb... saudos e animovos a que participedes...abur...

ps- a como benvida deixovos esta version en vivo do tema invernia de milladoiro un dos meus grupos favoritos... agardo que vos guste.

http://www.youtube.com/watch?v=ugNafhDxPMc
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Boa iniciativa tonescu  ;)

Pois por Arteixo foise despexando o ceo a medida que avanzaba a noite,ata quedar totalmente despexado neste intre.Temperatura algo fresquiña a primeiras horas,agora xa é máis agradable.O vento sopra con intensidade frouxa.

Esperando xeadas para os vindeiros días  :babeo:

Saúdos   ;)

AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,723
República climática independiente
En línea
Boas tardes  ;D,

Mínima 9ºC, néboas e neboeiros :risa: nocturnas/ matinais en altura , con visibilidade perfecta en superficie, que fóron desaparecendo dando paso a nubes altas e dende as 11 ceos despexados, e ambiente moi agradable, mais típico de finais de marzo....

Actualmente, 16,5ºC, 60-65%HR, vento en calma, ceos despexados, temperatura auga do Miño 12ºC (SAIH MIÑO-SIL)

Saúdos.

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
Bos días,por Arteixo comezan a chegar as primeiras nubes desa fronte moi feble,o ceo mantívose bastante despexado a pasada noite.A temperatura é agradable e o vento é frouxo.Non sei o que pasa coas estacións de MeteoGalicia... :enojado:

Unha foto de agora mesmiño



Saúdos   ;)

Senthor

La meteorologia.
**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 196
Ubicación: As Pontes de Garcia Rodriguez (A Coruña) Galicia
En línea
Bos días a todos. A situación por agora bastante tranquila, con abundancia de nubes baixas. A medida que se despexe o ceo deberían ir entrando nubes medias e altas, anunciando o frente débil que pola tarde afectará á nosa comunidade.

Déixovos os datos:

Actualmente temos.

9,17ºC, 96%HR  e 1033,1ºC subindo lixeiramente o vento sopla de ENE frouxo.

UN saúdo
As Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña)

Twitter: @SsenthorP

http://meteoaspontes.blogspot.com.es/

15 años

Senthor

La meteorologia.
**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 196
Ubicación: As Pontes de Garcia Rodriguez (A Coruña) Galicia
En línea
Agora vos deixo unha imaxe de Meteogalicia, no que se representa de cor azul claro a neve das montañas e de azul algo máis oscuro a chuvia nas nubes.



Como vedes na fronte que se nos achega a chuvia será moi moi débil. Poderíamso dicir que orballará.

O que si que non teño moi claro se será unha fronte que pasará rápida ou lentamente.

Un saúdo ;)  e enhoraboa pola iniciativa de crear este apartado Galego  :sonrisa:
As Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña)

Twitter: @SsenthorP

http://meteoaspontes.blogspot.com.es/

15 años

tonescu

*****
Cb Incus
Mensajes: 3,217
Ubicación: vigo
En línea
#6
Vaia canta aceptacion non pensei que tivera tal... ;D ;D ;D
pois aqui dende o campus de vigo o dia comezou con neboa alta o que botou ao traste a tremenda rociada que tiñamos a iso das once.... a iso das once e pico da maña comezou a abrir...e claro pois tiven que baixalos toldos da facultade e claro como sempre pasa voltou a entrar a neboa agora dende o leste subindo dende o val do porrriño....
non me enleo mais actualmente loce un timido sol velado pola neboa a temperatura e de 8.4º e a humidade e do 95% e o vento frouxo que sopraba do norte-noreste veno facendo dende hai un intre do este-sureste a presion e de 10333.6 mbar...
pois nada que teñades todos un bo fin de seman e que pasedes unha excelente noite boa e un mellor nadal... saudos...aburiño.
En el campus universitario a 15km del centro de Vigo y a 500msm +ò-

Senthor

La meteorologia.
**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 196
Ubicación: As Pontes de Garcia Rodriguez (A Coruña) Galicia
En línea
Boas de novo, déixovos agora a imaxe do radar de METEOGALICIA actualizable , para observarlo dende aquí sen necesidade de acudir a Meteogalicia.



Empézanse a observar primeiras trazas de precipitación , malia que aquí por As Pontes aínda luce algo o sol entre as nubes baixas.

Un saúdo, e que pasedes bo Nadal ;)
As Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña)

Twitter: @SsenthorP

http://meteoaspontes.blogspot.com.es/

15 años

fusion

****
Cb Calvus
Mensajes: 1,829
Plaza de España de El Ferrol
Ubicación: Meiras VALDOVIÑO a 45 msnm
En línea
Boas noites, despóis do paso da fronte que deixou por Meiras 6.3mm, os ceos atópanse nubosos e o mercurio situase en 10.8º.

Saudos  ;)
Informando desde El Ferrol


AURIA

*****
Cb Incus
Mensajes: 4,723
República climática independiente
En línea
Bos días,

Primeira noite en que o ceo queda totalmente despexado, a noite completa, desde fai polo menos mes e medio......

Mínima de 1ºC....Actualmente, 2,5ºC, 96%HR, ceos despexados, vento en calma.

Saúdos.....Que o pasédes ben esta noite e Bo Nadal, a todos os que nos leen e os que aquí escriben

Arteixán 981

****
Cb Calvus
Mensajes: 2,151
Ubicación: Arteixo
En línea
#10
Boas tardes,por Arteixo temos o ceo totalmente despexado.Hoxe parece que teremos un día de inverno NORMAL con ventos do Nordés e xeadas pola noitiña  8).Temperatura actual de 11,8ºC (MeteoGalicia) e vento frouxo do Nordés.

Saúdos  ;) e Boas Festas para todos!!!  :drink:

Senthor

La meteorologia.
**
Cumulus Húmilis
Mensajes: 196
Ubicación: As Pontes de Garcia Rodriguez (A Coruña) Galicia
En línea
Boas tardes. Actualmente temos 10,72ºC, HR en descenso bastante acusado xa que encóntrase agora no 62%.  A presión diminúe quedándose en 1036,6hpA. Os ceos totalmente despexados.

A partir das 17:30 debería empezar a diminuir a temperatura con xeadas febles en zonas de interior.

Un saúdo e que pasen unha boa noite :popcorn:
As Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña)

Twitter: @SsenthorP

http://meteoaspontes.blogspot.com.es/

15 años