Aqui esta alguna informacion de las precipitaciones en Fornelos de montes.
A localización xeográfica e as características topográficas do concello de Fornelos de Montes provocan que as precipitacións sexan frecuentes e abondosas ao longo do ano. A época de maior pluviosidade concentrase nos meses de outono e inverno, namentres que o verán é a estación na que se recolle unha menor cantidade de auga. Os meses de novembro, decembro e xaneiro son nos que se producen as maiores precipitacións, namentres que os niveis máis baixos se acadan nos meses de xuño e sobre todo xullo e agosto.
As precipitacións totais que se recollen dentro do municipio de Fornelos de Montes experimentan un aumento das mesmas de Oeste a Leste e a medida que aumenta a altitude do relevo. En xeral, a auga de choiva que se recollida no concello durante un ano está en torno aos 1.600 mm./ano.
Na parroquia de Calvos é na que se recolle unha menor cantidade de auga de choiva, arredor dos 1.500 l./m2 ao ano, sendo a súa parte máis occidental a menos chuviosa do concello con 1.200-1.400 mm ao ano. Dende este punto e cunha dirección NO.-SL. a cantidade de auga recollida aumenta ata os 1.400-1.600 mm. por ano, debido á progresivo elevación do terreo, chegando a recollerse entre 1.600 e 1.800 mm. no Sur da parroquia, onde se atopa o punto máis elevado da mesma. Pola contra, a parroquia de Laxe, situada no extremo oriental do concello, é a que presenta un maior nivel de precipitación acumulada, cun total anual que chega a superar os 2.000 mm./ano. As choivas aumentan de Oeste a Leste neste espazo, ao igual que no conxunto do concello, á par que vai aumentando a elevación do terreo. Na metade occidental da parroquia recóllense entre 1.800 e 2.000 mm. ao ano, agás nunha pequena área situada no extremo Oeste onde a cantidade acadada é de entre 1.600 e 1.800 mm. Na metade oriental, coincidindo coas máximas elevación do concello, é onde se recollen os maiores niveis de auga de choiva, superando os 2.000 mm. ao ano.
Na metade centro-occidental do municipio a precipitación total anual varía entre os 1.400–1.600 mm., afectando á totalidade das parroquias de Fornelos de Montes e Oitaven así como a maior parte da de Traspielas. Na parte central do concello, entre as parroquias de Ventín e Estacas, e a medida que vai aumentando a altitude do terreo, se vai producindo unha gradación ascendente das precipitacións pasando de 1.400 – 1.600 mm. na zona Norte aos 1.800 – 2.000 mm. na zona Sur.
-------
lo saque tal como esta de la pagina de Fornelos de montes ,por no usar el traductor.Siento el error,aunque peor seria vasco que no se entiende.
http://www.fornelos.com/